Sentada estábame eu na ermida de San Simón e
cercáronme as ondas, que son grandes.
Esperando eu polo meu amigo! Pero, virá?
Estando na ermida diante o altar cercáronme as ondas
grandes do mar.
Esperando eu polo meu amigo! Pero, virá?
E cercáronme as ondas que grandes son, e aquí non
teño barqueiro nin remeiro.
Esperando eu polo meu amigo! Pero, virá?
E cercáronme as ondas do mar profundo, non teño aquí
barqueiro nin sei remar.
Esperando eu polo meu amigo! Pero, virá?
Aquí non teño barqueiro nin remeiro; vou morrer
fermosa na marea alta.
Esperando eu polo meu amigo! Pero, virá?
Non teño aquí barqueiro nin sei remar, vou morrer
fermosa no mar profundo.
Esperando eu polo meu amigo! Pero, virá?)
Monumento aos poetas xograres e trobadores.
En 1702, a batalla de Rande
enfronta navíos ingleses e holandeses, unidos pola Guerra de Sucesión, contra a
coroa de Castela. Cargan contra os galeóns de Indias españois cargados de
diamantes, ouro, prata, tabaco, cacao, etc. e que nese momento se refuxiaran na
enseada de San Simón, os cales son escoltados polos franceses. Ante unha
inminente derrota, escollen afundir e incendiar a frota antes de que acabe en
mans dos inimigos. Os integrantes das forzas anglosaxonas, ó non atopar os
tesouros, asaltan, saquean e devastan Cangas, Redondela, Soutomayor, Arcade e
Vigo. Xullo Verne relata nunha das súas pasaxes a lenda destes tesouros no
libro Vinte mil leguas de viaxe submarina.
Preto do arquipélago, pódese ver unha estatua de este autor.
Capela de San Simón.
Monumento a Xullo Verne.
Dende 1936 ata
1943, e coa chegada da Guerra Civil, San Simón é reconvertida en cárcere para
presos políticos do bando republicano, sendo en realidade un auténtico campo de
concentración. Pasan máis de 6000 persoas por el, ó principio só de Galicia,
pero despois de todo o Estado español.
En 1948 as
illas deixan de funcionar como cárcere e destínanse a albergue da Garda de
Franco. O 22 de agosto de 1950,
a embarcación "A Monchiña" sofre un accidente,
morrendo corenta e tres persoas, todas elas membros desta organización, dando
como resultado o peche da illa. É por isto polo que se pode ver, preto do
arquipélago, un cruceiro no medio da ría.
Peirao dos oficiais e casa do garda e administración.
Embarcadoiro.
Casa da cultura e dos deportes do mar.
Paseo dos buxos.
Peirao do Capitán, edificios multiusos.
Residencia Stella Maris.
Campo das alocucións.
Casa de baños.
Ponte.
Centro de interpretación e documentación.
Peirao do Cagarrón, e miradoiro do fondo da ría.
Peirao dos Piratas, e cemiterio.
Os pasos da humillación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario