...meu amig@, acompáñanos a coñecer o río
Eume e os seus afluentes. Durante o seu percorrido de máis de 80 km visitaremos
diferentes lugares, aldeas e pobos, así coma puntos concretos con pontes de
madeira e muíños, entre outros. O río Eume, coa súa diversidade, será recordado
polas súas cores, debido á vexetación de cada zona. Ademais, veremos paraxes e
paisaxes que nos traerán á memoria imaxes doutros
ríos.
Dende aquí,
dar as grazas de novo ás súas xentes, sobre todo ós máis maiores, que coa súa
paciencia e ó carón do lume cun bo café, ou acompañándome a recunchos afastados
do Eume, compartiron os seus coñecementos e recordos comigo.
Alto da Curuxeira, 888m.
O Xistral, 1031m.
A Serra do
Xistral
A Serra do Xistral é un macizo montañoso que
ocupa 22.964 hectáreas. Separa a Terra Chá do mar. Este conxunto montañoso
esténdese polos concellos de As Pontes, Abadín, Alfoz, Muras, Mondoñedo, Ourol,
Valadouro, Vilalba, Xermade, Xove, Viveiro e Cervo.
É a zona de Galicia que menos sol recibe e a
frecuente néboa que percorre as súas elevadas chairas deixa moitas
precipitacións. A auga deposítase nelas enchoupando os pasteiros naturais e
creando extensos depósitos de turba. Son as turbeiras de cobertor as que
popularmente reciben o nome de barreiras, lagoa ou tremoal. Sirvan de exemplo
lugares coma Barreiras do Lago, Lagoa das Furnas, Tremoal da Charca de Santa
Cruz, etc. A paisaxe está case deshabitada, mantendo só pequenos lugares e
aldeas moi dispersas. Este espazo natural é excepcional, tanto pola súa
morfoloxía como no eido da súa flora e a fauna autóctonas, pois moitas delas
están en perigo de extinción. Nos seus prados críanse cabalos salvaxes e vacas
en liberdade, o que é unha imaxe habitual nesta serra. Dende finais da pasada
década, a contorna cambiou polo intenso aproveitamento da enerxía eólica.
Ademais da néboa, o vento e o frío son constantes no Xistral, fenómeno que dá
lugar á xistra. A xistra é un fértil vento húmido e xélido que golpea e varre os
cumes da serra de forma continua, creando vida e dando beleza ás rochas espidas
dalgúns dos seus picos.
A Xistra.
Na Serra do Xistral os movementos tectónicos, xunto coa erosión fluvial e mais
os procesos derivados do frío, actúan sobre as superficies aplanadas, dando
lugar á peculiar paisaxe desta serra, caracterizada por fortes pendentes e vales
moi encaixados en vellas fracturas. Nelas discorren os cursos fluviais, algúns
deles importantes, e teñen o seu nacemento e cabeceira nestas montañas, como é o
caso do Eume e os cantábricos Landro, Ouro e Masma, así coma varios dos seus
pequenos afluentes. Exemplos dos mesmos son o caso do Fragavella, o Pedrido ou o
Besteburiz, que discorren do norte e oeste, e incluso da cunca do Miño, como o
Trimaz, Madalena, Arnela, Batán e Labrada. Os ríos Landro, Ouro e Masma levan as
súas augas ó Cantábrico; as da Terra Chá, van na procura do pai Miño por Abadín
e Vilalba, e as do río Eume, ó Atlántico. A Serra do Xistral é un Lugar de
Importancia Comunitaria (LIC), pertencente á Rede Natura 2000, declarada Espazo
Natural Protexido.
Para comezar esta andaina, imos recordar as
alturas de picos e montes que dan orixe a esta aventura.
O Cadramón, 1.062m. O Xistral, 1.031m. Seixo
Branco, 1.057m. Lombo longo, 977m.Tenente, 953m. Coto Balsego, 993m. Lombo
Gordo, 924m. O Lamoso, 959m. por citar algúns, pois son mais os que entregan a
súas augas o río Eume na Serra do Xistral.
E para seguir, que mellor que a seguinte lenda.
A lenda do rio Eume
Conta a lenda que cando se crearon os ríos na
Serra do Xistral, a tres deles Deus deulles categorías divinas, e mandounos por
ladeiras distintas, prometéndolles que o primeiro que chegara ó mar tería todos
os anos un regalo.
Estes ríos eran o Eume, o que rampla do poñente, que debería fertilizar as terras de As Pontes; o Landro, o da vertente norte, que debería de fecundar as carballeiras e facendo medrar landras neles; e o Masma, que crearía coa súa chegada ó mar as súas marismas.
Estes ríos eran o Eume, o que rampla do poñente, que debería fertilizar as terras de As Pontes; o Landro, o da vertente norte, que debería de fecundar as carballeiras e facendo medrar landras neles; e o Masma, que crearía coa súa chegada ó mar as súas marismas.
Recén nados, acordaron descansar polo camiño ó
anoitecer, pacto que só cumpriu o Eume. O primeiro en despertar, silenciosamente
emprende a súa viaxe. O segundo río, ó comprobar que faltaba un, dispúxose a
seguir o seu camiño, deixando só ó Eume, que ó entearse da traizón dos seus
compañeiros, enfurecido e acelerando embravecido a súa marcha pola Capela e
Monfero, foi creando vales e saltos logrando chegar o primeiro ó
mar.
Por iso, din, todos os anos afoga una persoa no
Eume.
Nas ladeiras do Xistral comeza a nosa andaina
seguindo o percorrido do río Eume.
Como se pode observar, en cor amarelo marquei como esta na
actualidade a ordenación do territorio, e dicir, que a día de hoxe e dende hai
uns anos o nacemento do río Eume pertence na súa gran maioría a parroquia de A
Balsa, Concello de Muras. Con anterioridade,
e no mesmo concello, as parroquias de Silán, Viveiró e A Balsa,
compartían segundo as liñas de negro tal honorabilidade.
En cor vermello, os
regatos Abeleira e Puxeta, que xuntando a súas augas dan orixe o río Landro.
En
cor azul os afluentes do rego Pedrido, que vai cambiando de nome alí por onde
pasa, os nomes son: rego Porto da Cal, río Tronceda e río de Gontán, que xuntando
a súas augas cas que aporta o río Figueiras na parroquia de Viloalle, Concello
de Mondoñedo forman o río Masma.
En cor verde, as augas e fontes que dan orixe os regos
Toxeiras e Lamoso. O Seixo Branco aporta as primeiras augas o Lamoso, mentres que as enchoupadas turbeiras de
cobertor nas ladeiras do Xistral danlle vida o Toxeiras.
Turbeira de cobertor no Xistral.
Brañas e pozas no lugar de Camposas de Abaixo, Xistral.
Deixamos O Xistral, e pasamos O Lombo Longo, que como o seu
nome indica asemella un lombo, ca particularidade de ter unha caída suave en
punta de frecha, como indicándonos que os regos xa mencionados anteriormente
Toxeiras e Lamoso mesturando a súas
augas dan orixe o río Eume.
As Brañas, son zonas da montaña frescas e húmidas onde abundan
os pasteiros incluso no verán. Aquí no Xistral o gando en liberdade pasa das
brañas baixas do inverno as mais altas no verán.
Lombo Longo e o Xistral dende A Revolta da Fame, 938 m.
Lombo Longo, regatos Lamoso e Toxeiras.
Toxeiras.
Mariñas do Rial, coñecida polos veciños por Val do Real, Veiga do Real.
Regato Lamoso.
Regato Toxeiras.
Río Eume.
Ladeiras de Pilón das Pedras.
Lenda da Veiga e o pozo do Real.
Uns a contan dun
xeito e outros, doutro, que sei eu. A idade non perdoa, e por iso, eu conto a
lenda coma segue:
Turbeiras e humedais do Redondiño.
O Eume nas ladeiras de Aira Vella.
Baixando A Laxe.
Baixando A Veiga.
Regato Leiras.
Ponte de A Veiga.
Montouto.
Ponte de A Ponte.
Muiño Ferreiros.
Regato Peles.
Muiño de Vilariño.
Rego Curras.
Ponte vella da Balsa.
Mª Teresa García López.
Muiño de Gondulfe.
Ponte Bermuz.
Humedais en As Barreiras, A Cabana.
Humedais no Chao de Corvelle.
Río Eume no Escourido.
Ponte de Insua.
Río Eume, dende Arealba.
Río Eume, dende Correventos a Saamil.
Ponte de Saamil.
Ponte de Abaixo ou de Invernés.
Invernés.
O Peñote, monte Goía 876 m.
Dende O Peñote, o Eume por Painceira.
Muiño e rego Musdradas.
Presa e Muiño de Gato.
Ponte de A Ponte.
Rego Montouto ou Das Cuiñas.
Muiño de Vilar.
Ponte do Burgo.
Muiño, panadería e ferrería de Rodríguez.
Depósito de auga.
Área recreativa.
Rego do Cal ou Margaride.
Muiño do Longo.
Ponte do Batán.
Baixando por O Carregal.
Dende o Bidueiral, Fragacha e O Penedo.
Rego da Campaiña.
Área recreativa O Caneiro.
Baixando a Vilarbó.
Área recreativa Vilarbó.
Baixando por O Carregal.
Dende o Bidueiral, Fragacha e O Penedo.
O Bidueiral.
Ponte de Maciñeira.Rego da Campaiña.
Área recreativa O Caneiro.
Baixando a Vilarbó.
O Chao.
Muiño no rego Dos Campos.
Laxoso.
A Ribeira.
Río Maciñeira.
Río Eume, entre A Cañota e As Brañas.
O Eume, baixando entre O Sangueneiral e o Losquedo.
Fervenza de Bermui no rego das Foxas.
O Eume, entre Pena do Gato e A Cova.
Safari Framil.
Fonte da Cova.
Río Eume, entre a fraga de Porto Framil e As Painceiras.
O Eume dende o mirador de A Cova, Framil, Xermade.
Dende A Cana Escura, o Eume baixando entre A Fontiña e A Cañota.
Río Ribardille.
Río do Dez ou Frai Bermuz.
Safari Framil.
Fonte da Cova.
Río Eume, entre a fraga de Porto Framil e As Painceiras.
O Eume dende o mirador de A Cova, Framil, Xermade.
Dende A Cana Escura, o Eume baixando entre A Fontiña e A Cañota.
Río Ribardille.
Río do Dez ou Frai Bermuz.
Rego dos Curros.
Ponte Maceira, no rego dos Curros.
Desembocadura do Frai Bermuz no Eume.
Miradoiro de Pena Cavada.
Rego de Teixido.
Canon do Eume e salto do rego Morrixoso.
O Eume dende a Fisga da Cobra.
O Eume o seu paso po-la central da Ventureira.
Río Eume no Parrote.
O Eume entre A Ceboleira e Cinco Penas.
O Eume entre Sta. Cristina e A Fraga Nova.
O Eume dende a Fisga da Cobra.
O Eume o seu paso po-la central da Ventureira.
Río Eume no Parrote.
O Eume entre A Ceboleira e Cinco Penas.
O Eume entre Sta. Cristina e A Fraga Nova.
Rego Cal de Viñas.
Refuxio de pescadores A Figueira.
Presa da Figueira.
O Eume o seu paso por A Tenza.
Ponte colgante de Fornelos.
Río Eume, entre A Fraga Vella e Fornelas.
O Eume baixando por a Volta da Pena.Rego Estrille.
O Eume por Cal das Novelas.
Rego da Ferrería.
Ponte colgante Cal Grande.
O Eume entre O Cal Grande e A Barcia.
O Eume entre O Cal Grande e A Barcia.
O Eume baixando entre Pedra Salada e Pena Gosende.
Refuxio de Cal Grande.
Reo do Eume, couto de Ombre.
O Eume baixando entre A Alameda e O Cal da Fontiña.
O Eume entre o Campo da Festa e Camiño do Pouso.
A Revolta, río Eume.
Ärea recreativa do Campo da Festa.
Castelo de Andrade.
Ria de Ares.