sábado, 28 de diciembre de 2013

O mounstruo: eu tamén o vin.

  Despois de repoñerme do susto e duns cantos intentos para retratalo, puideno fotografiar, e asegúrovos que é unha mascota do máis tenra.

sábado, 21 de diciembre de 2013

Bo Nadal e Feliz Ano Novo.


viernes, 15 de noviembre de 2013

Explosión de gas na Casilla.

     ...meu amigo, unha explosión de gas esnaquiza un piso na Casilla e causa queimaduras graves ao mozo que vivía neste, provoca  cuantiosos danos no propio edificio e adxacentes así como en automóbiles.
     Déixovos unhas fotos que falan por si soas.

jueves, 7 de noviembre de 2013

A illa de San Simón. Cesantes, Redondela.

     …meu amig@, este verán estiven na Illa de San Simón. Pero antes de ensinárvola, é necesario coñecer un pouco da súa historia para entender o que é agora…

     O arquipélago de San Simón está formado por dúas illas, San Simón e San Antón, ámbalas dúas as máis coñecidas e unidas por unha ponte, e dous pequenos illotes, San Bartolomé e San Norberto.
     San Simón, de illa da desmemoria, a illa do pensamento.

     Utilizadas en épocas anteriores, non é ata a Idade Media cando as illas inician a súa propia historia. Nesta época, comeza sendo un antigo centro monástico de referencia obxecto de poetas, xograres e trobadores como Xoán de Cangas, Martín Códax e Mendiño, habendo unha estatua na illa dedicada a eles, escribindo este último a seguinte cantiga a San Simón:

Sentada estábame eu na ermida de San Simón e cercáronme as ondas, que son grandes.
Esperando eu polo meu amigo! Pero, virá?
Estando na ermida diante o altar cercáronme as ondas grandes do mar.
Esperando eu polo meu amigo! Pero, virá?
E cercáronme as ondas que grandes son, e aquí non teño barqueiro nin remeiro.
Esperando eu polo meu amigo! Pero, virá?
E cercáronme as ondas do mar profundo, non teño aquí barqueiro nin sei remar.
Esperando eu polo meu amigo! Pero, virá?
Aquí non teño barqueiro nin remeiro; vou morrer fermosa na marea alta.
Esperando eu polo meu amigo! Pero, virá?
Non teño aquí barqueiro nin sei remar, vou morrer fermosa no mar profundo.
Esperando eu polo meu amigo! Pero, virá?)
Monumento aos poetas xograres e trobadores.
  
     Así pois, entre os séculos XII e XIII, é usada por diversas ordes relixiosas como templarios e franciscanos.

     Xa no século XVI, sofre múltiples incursións navais, e en 1589 é saqueada polos piratas ingleses, entre os que se encontra o coñecido Francis Drake.

    En 1702, a batalla de Rande enfronta navíos ingleses e holandeses, unidos pola Guerra de Sucesión, contra a coroa de Castela. Cargan contra os galeóns de Indias españois cargados de diamantes, ouro, prata, tabaco, cacao, etc. e que nese momento se refuxiaran na enseada de San Simón, os cales son escoltados polos franceses. Ante unha inminente derrota, escollen afundir e incendiar a frota antes de que acabe en mans dos inimigos. Os integrantes das forzas anglosaxonas, ó non atopar os tesouros, asaltan, saquean e devastan Cangas, Redondela, Soutomayor, Arcade e Vigo. Xullo Verne relata nunha das súas pasaxes a lenda destes tesouros no libro Vinte mil leguas de viaxe submarina. Preto do arquipélago, pódese ver unha estatua de este autor.
 Capela de San Simón.
 Monumento a Xullo Verne.
 
     Dende 1842 ata 1927 funciona como leprosería ou lazareto. En San Antón están os enfermos sen cura, mentres que en San Simón alberga o resto. As corentenas ás que son sometidos os viaxeiros ou mariñeiros da ruta americana neste centro evitan numerosas epidemias de cólera e lepra procedentes do exterior.
     Dende 1936 ata 1943, e coa chegada da Guerra Civil, San Simón é reconvertida en cárcere para presos políticos do bando republicano, sendo en realidade un auténtico campo de concentración. Pasan máis de 6000 persoas por el, ó principio só de Galicia, pero despois de todo o Estado español.
 
      En 1948 as illas deixan de funcionar como cárcere e destínanse a albergue da Garda de Franco. O 22 de agosto de 1950, a embarcación "A Monchiña" sofre un accidente, morrendo corenta e tres persoas, todas elas membros desta organización, dando como resultado o peche da illa. É por isto polo que se pode ver, preto do arquipélago, un cruceiro no medio da ría.
      En 1955, San Simón é reconvertido nun orfanato para fillos de mariñeiros e xente con poucos recursos. En 1963, e co seu peche, San Simón cae no esquecemento, dando lugar a un abandono completo do complexo.
 Peirao dos oficiais e casa do garda e administración.
 Embarcadoiro.
 Casa da cultura e dos deportes do mar.
 Paseo dos buxos.
Peirao do Capitán, edificios multiusos. 
 Residencia Stella Maris.
 Campo das alocucións.
 Casa de baños.
 Ponte.
 Centro de interpretación e documentación. 
 Peirao do Cagarrón, e miradoiro do fondo da ría.
 Peirao dos Piratas, e cemiterio.
 Os pasos da humillación.
      A partir de 1997, as illas son declaradas ben de interese cultural. Comeza así a restauración de todo o ámbito, e na actualidade pódese gozar dun auditorio, biblioteca, escola de mar, hotel e restaurante.
      Como dato curioso, comentar que a illa de San Simón foi escenario do final da película, O lapis do carpinteiro.

viernes, 1 de noviembre de 2013

XXIV Feira de Fungos e Cogumelos.

     ...meu amig@, estiven na feira de fungos e cogumelos. Déixoche aquí as fotos dos primeiros clasificados. Se queres ver o álbum enteiro, clica no enlace da dereita.
 
Noraboa a todos.

jueves, 31 de octubre de 2013

XXIV Feira de fungos e cogumelos, e MOVA.

     ...meu amig@, se es afeccionado ao mundo dos fungos e cogumelos e ademais realizar unhas compras, tes que vir As Pontes.




miércoles, 25 de septiembre de 2013

Mercado do medievo na vila.

     ... meu amig@, As Pontes, celebra dende o venres 27 ao 29 de setembro unha nova edición do Mercado do Medievo.
     Entre as distintas actividades programadas para este fin de semana destacar as atraccións na rúa, o boneco come pedras, conta contos, bufóns, malabaristas, música, baile e o espectáculo nocturno do lume. As tabernas ofrecerannos unhas saborosas viandas para repoñer enerxía, e así continuar o noso percorrido pola vila pontesa visitando os distintos postos de artesanía, coiro, barro, pedra, cristal, madeira, etc.

lunes, 23 de septiembre de 2013

Festa da Fraga II

     ...meu amig@, estiven na sesión vermú da festa da fraga, se queres verte pica no enlace lateral.