lunes, 5 de noviembre de 2012

Feira de Fungos e cogumelos

      ...meu amig@, estiven na Feira de Fungos e Cogumelos. Percorrendo a exposición vin  Cerrotes, Bolos de neve, Raiñas, Andoas, Cantarelas, Linguas de boi, Leitouros, Pingas roxas, Colmeneiras, e moitas máis que terían para encher unha páxina.
      Adiántovos unhas poucas fotos mentres preparo o álbum que subirei a menor brevidade.

Castañas asadas como aperitivo.
Empanada rechea de cogumelos e lacón.
Pastel de cogumelos con abelás.
Fabas con cogumelos.
Flan de requeixo da Faeira con mel de Goente.
E unha vez conseguido o xantar, a degustalo en boa compañía.
Graciñas a tod@s, e ata o ano. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario