Para facelo máis acolledor, tomei a decisión de ampliar o seu contido, onde teñan cabida as súas lendas, os pobos, aldeas e lugares que percorre e, sobre todo, as súas xentes, ás que lles teño que agradecer a súa paciencia, ademais de que compartiran os seus coñecementos e recordos comigo. Grazas a todos.
Espero que estes cambios sexan mais do voso agrado.
Vémonos dando un paseo ou pescando polo noso querido Eume, pois
ten algo que non se pode describir, pero que te engancha, seguro.