...meu amig@, onte pasei a tarde na praia "Ponte da Pedra" e isto é o que capturei cámara en man e vos amoso hoxe.
Traballos de altura.
O espiñento ou picón, (espinoso, espinosillo ou espinocho).
Na fotografía, o macho
(laranxa) e a femia.
Os espiñentos son un grupo de peixes pertencentes á familia
Gasterosteidae. Son un grupo de peixiños repartidos polo Hemisferio Norte que
non superan os 18 cm de lonxitude. (En Galicia non superan os 6 cm de media e
pódense atopar no Miño por debaixo de Frieira, no Eume, Ladra, Neira, Umia,
Sar, etc.). Caracterízanse fundamentalmente pola presenza de 3 a 16 espiñas
óseas ben desenvoltas no dorso, placas óseas no ventre e flancos do corpo, así
como un comportamento de cortexo moi rechamante, baseado na elaboración dun
niño por parte do macho e no cal a femia deposita os seus ovos, que unha vez
fecundados, son protexidos polo macho ata a súa eclosión.
Despois destes
coidados, os machos quedan debilitados e xeralmente morren. As femias adoitan
morrer tamén ó final da tempada reprodutiva.
Correlimos tridáctilo ou playerito branco (Calidris alba).
O Powerkite ou cometas de tracción.
(Landkite)
No hay comentarios:
Publicar un comentario