jueves, 30 de agosto de 2012

Un día na praia "(Ponte da Pedra)" do lago.

    ...meu amig@, onte pasei a tarde na praia "Ponte da Pedra" e isto é o que capturei cámara en man e vos amoso hoxe.
  Traballos de altura.
O espiñento ou picón, (espinoso, espinosillo ou espinocho).
Na fotografía,  o macho (laranxa) e a femia.
    Os espiñentos son un grupo de peixes pertencentes á familia Gasterosteidae. Son un grupo de peixiños repartidos polo Hemisferio Norte que non superan os 18 cm de lonxitude. (En Galicia non superan os 6 cm de media e pódense atopar no Miño por debaixo de Frieira, no Eume, Ladra, Neira, Umia, Sar, etc.). Caracterízanse fundamentalmente pola presenza de 3 a 16 espiñas óseas ben desenvoltas no dorso, placas óseas no ventre e flancos do corpo, así como un comportamento de cortexo moi rechamante, baseado na elaboración dun niño por parte do macho e no cal a femia deposita os seus ovos, que unha vez fecundados, son protexidos polo macho ata a súa eclosión. 
    Despois destes coidados, os machos quedan debilitados e xeralmente morren. As femias adoitan morrer tamén ó final da tempada reprodutiva.
Correlimos tridáctilo ou playerito branco (Calidris alba).
O Powerkite ou cometas de tracción.
(Landkite)

martes, 21 de agosto de 2012

Praia "(Ponte da Pedra)" do lago.

     ...meu amig@, xa tedes o álbum A Praia do lago á vosa disposición clicando no enlace que tes á dereita.

lunes, 20 de agosto de 2012

Praia do lago.

   ...meu amig@, hoxe inaugurouse a praia do lago, déixovos unha pequena mostra, á maior brevidade publicarei un álbum.