…meu amigo, estiven na feira do Grelo e como mostra déixovos
unhas poucas fotos das distintas actividades, mostras e produtos, espero que vos guste.
O produto estrela, o Grelo. Premio á calidade e á
imaxinación.
Mostra de distintos exemplares de raza autóctona.
Queixos, mel, marmeladas e outras lambetadas.
Food trucks, ou o que é o mesmo, coches habilitados para
degustacións varias.
Festa rachada....
Mestres artesáns e torneiros da madeira.
Produtos ecolóxicos.
Se a estrela da feira é o grelo, o ouro son os Freixos,
mirade a freixoeira, ricos, ricos e con boa xente.
E para repoñer forzas un bo lacón con grelos.