sábado, 26 de abril de 2014

Qwerty.

     ...meu amig@, onte fíxose a presentación  da revista magazine Qwerty.
     Qwerty, unha revista de As Pontes para o mundo do ocio, viaxe, gastronomía, etc.
     Unha revista diferente que non te deixara indiferente. Sandra e Javier, Javier e Sandra contan historias na que os protagonistas son creativos artesáns, músicos, cociñeiros, etc.
     O número 0 de Qwerty é agradábel, de doada lectura e de bo gusto na maquetación.
     Parabéns e éxitos pola vosa iniciativa.

viernes, 18 de abril de 2014

Vela, windsurf e piragüismo no lago.

     ...meu amig@, dende o 12 ao 20 de abril estase a celebrar unha promoción de navegación a vela lixeira así como piragüismo e wíndsurf.
    Dende este pequeno espazo quero dar as grazas ao club de vela fluvial pola súa atención, e a tod@s que "pousastes" para min, grazas.