Entre as distintas actividades programadas para este fin de
semana destacar as atraccións na rúa, o boneco come pedras, conta contos,
bufóns, malabaristas, música, baile e o espectáculo nocturno do lume. As
tabernas ofrecerannos unhas saborosas viandas para repoñer enerxía, e así continuar
o noso percorrido pola vila pontesa visitando os distintos postos de artesanía,
coiro, barro, pedra, cristal, madeira, etc.
miércoles, 25 de septiembre de 2013
Mercado do medievo na vila.
... meu amig@, As Pontes, celebra dende o venres 27 ao 29 de
setembro unha nova edición do Mercado do Medievo.
lunes, 23 de septiembre de 2013
sábado, 21 de septiembre de 2013
Saborea As Pontes
...meu amig@, saborea As Pontes, é o nome do V concurso de
tapas que se celebrará no noso pobo do 12 ao 20 de outubro.
Non tes escusa para non te achegar a saborear As Pontes e
gozar dun pobo con encanto.
miércoles, 18 de septiembre de 2013
Dj Gramola.
... meu amig@, coñecín a Dj Gramola un artista que cos seus
vinilos reproduce e alterna consecutivamente música sen saltos.
miércoles, 11 de septiembre de 2013
Clases de vela e windsurf no lago.
…meu amig@, o Club de Vela Fluvial coa colaboura do Concello
de As Pontes estará impartindo clases de vela lixeira e windsurf no lago, os
interesados poden participar ata o domingo día 15 telefonando ao 639 608 128 ou
ben enviando un correo electrónico ao enderezo jgcvela@hotmail.com.
jueves, 5 de septiembre de 2013
Dormentes, cordeis, etc., na praia do lago.
...meu amig@, dende o blog quero denunciar a aparición de
anzois na praia do lago. Isto é algo que a min como pescador me desagrada
profundamente, en primeiro lugar polos accidentes que poden ocasionar en
bañistas ou paseantes e máis se o afectado é un menor, e en segundo lugar, o
furtivismo.
Os dormentes, cordeis, etc., son as artes ilegais nas cales
se deixan anzois cebados que atados a unha rama da beira se deixan á espera de
que pique un peixe, sen a intervención directa do pescador, polo que se
considera pesca "furtiva", unha infracción grave, na que a lei de
pesca fluvial prevé multas de entre 3.000 e 30.000 euros.
Este é o "animaliño": 5 cm de longo, 2,2 cm de
apertura, e unha sedela do 12.
martes, 3 de septiembre de 2013
Quen nolo ía dicir.
...meu amig@, quen nos ía dicir ós ponteses que no mes de
setembro poderiamos gozar da praia do lago, pois así é, e para mostra unha
foto.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)