lunes, 29 de octubre de 2012

XXIII Feira de Fungos e Cogumelos.

   ... meu amoig@, a XXIII Feira de Fungos e Cogumelos repartirá mais de 1000 €, si les ben 1000 €, no concurso de cestas. (Relación de premios: 1º 300 €, 2º 180 €, 3º 120 €, 4º 80 € e 5º 60 €, os participantes que non resulten premiados recibirán 20 € para gastos de desprazamento. Ademais, haberá un premio especial de 300 €.)
   No transcurso da feira, poderemos asistir a clases de cociña, mercados de produtos de outono e artesanía, e darnos unha volta polo "MOVA".
   E se ademais che gustan os fungos e cogumelos, podes degustar o menú por só 12 €.
   Máis información en: http://www.aspontes.com e http://rtveume.blogspot.com

sábado, 27 de octubre de 2012

Mercado de Oportunidades Vila de As Pontes.

   ... meu amig@, este fin de semana celebrase o "MOVA", Mercado de Oportunidades Vila de As Pontes. E ademais, a túa compra pódeche saír gratis, pois celebraranse sorteos no transcurso desta.
    Máis información en: http://www.aspontes.com e http://rtveume.blogspot.com

lunes, 15 de octubre de 2012

De "copas" nas Pontes.

   … meu amigo, se es seguidor da Selección e queres ver, tocar e facer unha foto de recordo coa copa do Mundo (Sudáfrica 2010, Holanda 0 - España 1) e as de Europa (Austria e Suíza 2008, Alemaña 0 - España 1), (Polonia e Ucraína 2012, Italia 0 - España 4), tes que achegarte hoxe luns de cinco a nove ao auditorio municipal Alovi.

jueves, 11 de octubre de 2012

Exaltación do queixo e o mel en Goente.

   ... meu amig@, se che gusta o bo queixo, o mel e os seus derivados, a Goente tes que vir. Mira o cartel cas distintas actividades da 4ª Feira de queixo do Eume e o mel de Goente.

martes, 9 de octubre de 2012

Ven tapear a As Pontes.

   ...meu amig@, o bo alimento cría entendemento. Só por isto tes que achegarte a tapear polos distintos establecementos hostaleiros do meu pobo.
Q lata! (Polbo con ameixas e rustrido de verduras).
É a tapa que nos ofrece a cafetería O' Marbella.
O café bar Dreams, presenta:
Pementos do Piquillo recheos de bacallau gratinado con queixo de S. Simón.
Don Celidonio
Casa Teresa fainos regresar á posguerra da man de Vicente Risco e a súa novela satírica "O Porco de Pé", dándolle á súa tapa o nome do protagonista, Don Celidonio, quen dicía: "Mi Nicasia es muy habilidosa, de cualquier cochinada hace un plato". O Pé de Porco é o ingrediente principal.
 
   Recorda que podes tapear en calquer establecemento, pero só vinteseis están concursando pola mellor tapa.

viernes, 5 de octubre de 2012

Alpinistas na térmica.

    ... meu amig@, isto é o que podes ver se te dás un paseo polo entorno da central.
Cheminea 356 m de altura.
 
 
 
Torre de refrixeración 98 m de altura.