Non tes escusa para non te achegar a saborear As Pontes e
gozar dun pobo con encanto.
sábado, 21 de septiembre de 2013
Saborea As Pontes
...meu amig@, saborea As Pontes, é o nome do V concurso de
tapas que se celebrará no noso pobo do 12 ao 20 de outubro.
miércoles, 18 de septiembre de 2013
Dj Gramola.
... meu amig@, coñecín a Dj Gramola un artista que cos seus
vinilos reproduce e alterna consecutivamente música sen saltos.
miércoles, 11 de septiembre de 2013
Clases de vela e windsurf no lago.
…meu amig@, o Club de Vela Fluvial coa colaboura do Concello
de As Pontes estará impartindo clases de vela lixeira e windsurf no lago, os
interesados poden participar ata o domingo día 15 telefonando ao 639 608 128 ou
ben enviando un correo electrónico ao enderezo jgcvela@hotmail.com.
jueves, 5 de septiembre de 2013
Dormentes, cordeis, etc., na praia do lago.
...meu amig@, dende o blog quero denunciar a aparición de
anzois na praia do lago. Isto é algo que a min como pescador me desagrada
profundamente, en primeiro lugar polos accidentes que poden ocasionar en
bañistas ou paseantes e máis se o afectado é un menor, e en segundo lugar, o
furtivismo.
Os dormentes, cordeis, etc., son as artes ilegais nas cales
se deixan anzois cebados que atados a unha rama da beira se deixan á espera de
que pique un peixe, sen a intervención directa do pescador, polo que se
considera pesca "furtiva", unha infracción grave, na que a lei de
pesca fluvial prevé multas de entre 3.000 e 30.000 euros.
Este é o "animaliño": 5 cm de longo, 2,2 cm de
apertura, e unha sedela do 12.
martes, 3 de septiembre de 2013
Quen nolo ía dicir.
...meu amig@, quen nos ía dicir ós ponteses que no mes de
setembro poderiamos gozar da praia do lago, pois así é, e para mostra unha
foto.
jueves, 8 de agosto de 2013
Curso Pesca a mosca.
...meu amigo, se che gusta a pesca e queres mergullarte no
mundo da pesca a mosca, tes un curso no que poderás iniciarte ou mellorar as
distintas técnicas.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)






















