... meu amig@, este fin de semana celébrase o campionato
galego de vela na clase Vaurien, ademais de actividades culturais e turísticas
que non vos podedes perder.
...meu amig@, este sábado día 11 celébrase a XIII festa do
camioneiro, e o mercado de ocasión de verán, durante a xornada do motor
poderedes visitar exposicións de camións, coches antigos e de competición.
Durante o Move ademais de facer a túa compra, podes ser agraciad@ con algún
premio.
...meu amig@, o vento do nordés que rizaba en exceso as
augas do lago, o frío, a chuvia, e a sarabia, causantes, de que os
organizadores suspendesen definitivamente esta mañá a copa de España de maratón
de piragüismo.
Os palistas coincidían no mesmo, “quedamos sen temón" o
que facía ingobernable a piragua así como perigar a súa integridade física.