jueves, 30 de agosto de 2012

Un día na praia "(Ponte da Pedra)" do lago.

    ...meu amig@, onte pasei a tarde na praia "Ponte da Pedra" e isto é o que capturei cámara en man e vos amoso hoxe.
  Traballos de altura.
O espiñento ou picón, (espinoso, espinosillo ou espinocho).
Na fotografía,  o macho (laranxa) e a femia.
    Os espiñentos son un grupo de peixes pertencentes á familia Gasterosteidae. Son un grupo de peixiños repartidos polo Hemisferio Norte que non superan os 18 cm de lonxitude. (En Galicia non superan os 6 cm de media e pódense atopar no Miño por debaixo de Frieira, no Eume, Ladra, Neira, Umia, Sar, etc.). Caracterízanse fundamentalmente pola presenza de 3 a 16 espiñas óseas ben desenvoltas no dorso, placas óseas no ventre e flancos do corpo, así como un comportamento de cortexo moi rechamante, baseado na elaboración dun niño por parte do macho e no cal a femia deposita os seus ovos, que unha vez fecundados, son protexidos polo macho ata a súa eclosión. 
    Despois destes coidados, os machos quedan debilitados e xeralmente morren. As femias adoitan morrer tamén ó final da tempada reprodutiva.
Correlimos tridáctilo ou playerito branco (Calidris alba).
O Powerkite ou cometas de tracción.
(Landkite)

martes, 21 de agosto de 2012

Praia "(Ponte da Pedra)" do lago.

     ...meu amig@, xa tedes o álbum A Praia do lago á vosa disposición clicando no enlace que tes á dereita.

lunes, 20 de agosto de 2012

Praia do lago.

   ...meu amig@, hoxe inaugurouse a praia do lago, déixovos unha pequena mostra, á maior brevidade publicarei un álbum.




viernes, 27 de julio de 2012

Álbum Festa da Fraga

   ...meu amig@, xa podes ver o álbum A Festa da Fraga clicando no enlace que tes á dereita.

miércoles, 25 de julio de 2012

Festa da Fraga 2012

    ...meu amig@, estiven na Festa da Fraga, "festa nacional". Adiántovos unhas poucas fotos mentres preparo o álbum que subirei canto antes. Graciñas a tod@s, e ata o ano.

viernes, 20 de julio de 2012

Festas do Carme e a Fraga


    ... meu amig@, As Pontes está a celebrar as suas festas. Se queredes pasar uns días inesqucibles, visítanos na "semana grande", e pasade unhas boas festas igual que a tod@s @s veciñ@s.
    Toda a información detallada en: http://www.amigus.org

lunes, 9 de julio de 2012

Campeonato Salmónidos Mosca


...meu amig@, onte celebrouse o II Campeonato de salmónidos mosca Grupo Empresa Endesa "Lar", coa colaboración da sociedade de caza e pesca "A Venatoria" e o Concello das Pontes.

Aquí vos deixo uns lances meus neste concurso. As fotografías xa sabedes quen as fixo, claro! Si, amig@, si, meu irmán Tonete. Graciñas, López!


Máis fotografías en http://lopezfotopesca.blogspot.com
A clasificación e máis información, en  http://pescarioeume.blogspot.com