domingo, 25 de noviembre de 2012

Río Eume.

      ... meu amig@, como seguidor do meu blog, xa es coñecedor do apartado "Río Eume, dende o Xistral ata o Atlántico".
     Para facelo máis acolledor, tomei a decisión de ampliar o seu contido, onde teñan cabida as súas lendas, os pobos, aldeas e lugares que percorre e, sobre todo, as súas xentes, ás que lles teño que agradecer a súa paciencia, ademais de que compartiran os seus coñecementos e recordos comigo. Grazas a todos.
    Espero que estes cambios sexan mais do voso agrado.

    Vémonos dando un paseo ou pescando polo noso querido Eume, pois ten algo que non se pode describir, pero que te engancha, seguro.

lunes, 5 de noviembre de 2012

Feira de Fungos e Cogumelos.

      ...meu amig@, xa podes ver o álbum Fungos e Cogumelos, clicando no enlace que tes á dereita.

Feira de Fungos e cogumelos

      ...meu amig@, estiven na Feira de Fungos e Cogumelos. Percorrendo a exposición vin  Cerrotes, Bolos de neve, Raiñas, Andoas, Cantarelas, Linguas de boi, Leitouros, Pingas roxas, Colmeneiras, e moitas máis que terían para encher unha páxina.
      Adiántovos unhas poucas fotos mentres preparo o álbum que subirei a menor brevidade.

Castañas asadas como aperitivo.
Empanada rechea de cogumelos e lacón.
Pastel de cogumelos con abelás.
Fabas con cogumelos.
Flan de requeixo da Faeira con mel de Goente.
E unha vez conseguido o xantar, a degustalo en boa compañía.
Graciñas a tod@s, e ata o ano.